Novas por contido

No DOG do 16/12/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Outras novas recentes

Martes, 16 Xuño 2026

Actualización definitiva de méritos das listas de substitucións da Xunta de Galiza

No DOG do 16/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2025 nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de...
Luns, 08 Xuño 2026

Centros de ensino: máis metros de ratio de limpeza para a pública que para a privada

Na Comisión de Persoal do venres 05/06/26 preguntamos por que a Consellaría de Educación segue negándose a actualizar unhas ratios desfasadas até o punto de que nalgúns casos (como o do persoal de limpeza) son máis altas (1.800 metros) que as que a Xunta de Galiza exixe nos pregos de condicións que asina con empresas privadas cando realiza unha externalización ou...
Venres, 12 Xuño 2026

Oposicións análises de laboratorio e enxeñaría de camiños, canais e portos (para MSF 17/06/2026)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño de 2026, coa seguinte orde do día: Proposta de convocatoria de proceso selectivo pola quenda de acceso libre e promoción interna na escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1). Descargar Proposta...