Novas por contido

No DOG do 30/12/2022 publican:

- AUGAS DE GALIZA: ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 de convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección, na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a, e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

- INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA: ANUNCIO do 20 de decembro de 2022 da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio do persoal laboral fixo.

- INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA: ANUNCIO do 20 de decembro de 2022 da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo.

- AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL: ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 de convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico/a de contabilidade, técnico/a de plans e estudos, técnico/a superior de estudos, oficial administrativo/a, programador/a (técnico/a informático), condutor/a ordenanza, grupos I, III e IV.

- AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS: EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

- AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN: EXTRACTO da Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, categoría 4, no grupo II, categoría 7, e no grupo III, categoría 2, de persoal laboral fixo.

- AXENCIA TURISMO DE GALIZA: EXTRACTO da Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso-oposición.

- AXENCIA TURISMO DE GALIZA: EXTRACTO da Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso.

- AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALIZA: EXTRACTO da Resolución do 28 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...