Novas por contido

No DOG do 01/03/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se declara a ampliación de prazos no trámite de resolución do procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022.

Amplían o prazo para resolver a convocatoria de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022, por un prazo de tres (3) meses.

- RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se declara a ampliación de prazos no trámite de resolución do procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022. 

Amplían o prazo para resolver a convocatoria de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022, por un prazo de tres (3) meses.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...