Novas por contido

No DOG do 03/05/2023 publican:

- Axencia de Turismo de Galiza: RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, convocadas polo sistema de concurso-oposición.

- Axencia de Turismo de Galiza: RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, convocadas polo sistema de concurso.

- Consello Económico e Social de Galiza: RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4 administrativo (técnico auxiliar en informática).

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...