Novas por contido

No DOG do 03/05/2023 publican:

- Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza: RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023 pola que se fai pública a baremación provisional dos méritos acreditados polos aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo.

- Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.: ANUNCIO da publicación das puntuacións provisionais do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Outras novas recentes

Mércores, 12 Agosto 2026

A Xunta chama «absentismo» ao colapso do Sergas

Galiza non ten unha taxa de baixas superior á doutras comunidades, senón unha duración media das incapacidades temporais desproporcionada, debido ás listaxes de agarda do Sergas, que bloquean as recuperacións; motivo polo que a CIG esixe a derrogación de calquera medida penalizadora da incapacidade temporal do persoal empregado público e o reforzo da atención sanitaria...