Novas por contido

No DOG do 21/06/2023 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica:

- RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Aproban as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, ao proceso selectivo extraordinario para o ingreso nos grupos e categorías seguintes: - Titulado/a superior (grupo I, categoría 004). - Titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007). - Administrativo/a (grupo III, categoría 062).

As listas definitivas completas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión (anexo II), así como, a lista de persoas aspirantes que deben realizar a proba de coñecemento da lingua galega requirida, figuran no anexo I e tamén se poderán consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional.

- RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Aproban as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, tendo en conta que os exames non se realizarán antes da primeira quincena de outubro, ao proceso selectivo extraordinario para o ingreso nos grupos e categorías seguintes: – Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I). – Profesor/a do departamento de servizos (grupo II).

As listas definitivas completas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran no anexo I e tamén se poderán consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazoinstitucional

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...