Novas por contido

No DOG do 22/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.

Amplían o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, en vinte días (20) hábiles.

Outras novas recentes

Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas...
Venres, 10 Xullo 2026

Listaxes provisionais de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social

No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...
Sábado, 04 Xullo 2026

Oposicións de enxeñaría de camiños, canles e portos e análises de laboratorio (CP 03/07/2026)

Na Comisión de Persoal (CP) do 3 de xullo de 2026 tratamos a convocatoria de oposicións (acceso libre e promoción interna) de enxeñaría de camiños, canles e portos e de análises de laboratorio. A Administración non tivo en conta ningunha das nosas alegacións, polo que votamos en contra das propostas de ambos os dous procesos. A Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP)...