Novas por contido

No DOG do 01/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se da publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se da publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 21 novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñería de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

Publican, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio deste proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos diversos acordos.

Publican no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...