Novas por contido

No DOG do 20/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Mai 2026

A CIG solicitou unha reunión de urxencia co conselleiro de Facenda ante o pasotismo da DXEP respecto ás tomas de posesión

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto. As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das...
Mércores, 03 Xuño 2026

Varias convocatorias de oposicións (A1-A1-C2), listas da Lei 17,«cuestión PAS» e gardacostas (CP 29/05/26)

Nesta xuntanza da Comisión de Persoal tratamos os procesos selectivos de A1-Escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica e A2-Escala de axentes de extensión pesqueira; o erro na esixencia do Celga 4 ao C2-Cociña e persoal coidador; insistimos en obter información sobre as listaxes de substitución da Lei 17; denunciamos que non se empregue o Portax para...
Xoves, 04 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP)

No DOG do 04/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia e das entidades locais, así para o persoal...