Novas por contido

No DOG do 03/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio.

Outras novas recentes

Xoves, 09 Xullo 2026

Coeficientes redutores de Gardacostas: a consellería segue inactiva e non cumpre

O luns 06/07/2026 tivemos unha xuntanza coa Consellería do Mar pola pretensión desta de iniciar un novo procedemento para o acceso á aplicación dos coeficientes redutores ao existir unha nova norma. Como xa dixemos aquí, o novo decreto é máis restritivo, pon máis atrancos e é menos garantista. A consellería pretendeu colar que a vía aberta pola CIG ao promover o...
Venres, 10 Xullo 2026

A conselleira de Política Social defende os intereses do empresariado do sector das escolas infantís e esquece a traballadoras e crianzas

Conselleira Fabiola: presente a dimisión xa! Gabinete de crise A conselleira de Política Social declara que se o goberno central aproba unhas novas ratios, coas cifras que se publicaron, acábase a gratuidade das escolas infantís. Cal gratuidade? A que, cos nosos impostos, lle pagamos ás empresas que prestan este servizo? Ás empresas que teñen as traballadoras co SMI ou por...
Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.  Resolucións pendentes da carreira profesional  Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día...