Novas por contido

No DOG do 04/07/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, e en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai público o procedemento para acreditar os méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, en distintos corpos, escalas e especialidades da Administración xeral e de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2) e categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As persoas aspirantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos baremables na fase de concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao que accederán a través da canle de emprego público de Galiza (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal, seguindo o procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das súas entidades públicas instrumentais.

O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta», rematará aos dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...