Novas por contido

No DOG do 03/07/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022.

Segundo o disposto na base II.3 da convocatoria do proceso selectivo da escala técnica de finanzas, o período de prácticas terá unha duración de dous (2) meses, que comezará o día 15 de xullo de 2024 e rematará o 14 de setembro de 2024, ambos incluídos.

Desenvolverase de luns a venres, co horario laboral xeral para o persoal da Administración da Xunta de Galiza (seis horas continuadas, comprendidas entre as 8.00 e as 15.00 horas).

- RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas e se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición no dito proceso selectivo e que, para dar cumprimento á base II.3 da convocatoria, son convocadas de xeito presencial ao acto de elección de destinos en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. Este acto terá lugar no salón de actos pequeno (núm. 2) da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ás 11.30 horas do día 8 de xullo de 2024.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...