Novas por contido

No DOG do 31/07/24 publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

As clases afectadas son:

  1. Clase de inspector/a médico/a
  2. Clase de inspector/a farmacéutico/a
  3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública
  4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas e licenciado/a en Psicoloxía.
  5. Clase de subinspector/a sanitario/a
  6. Clase de ATS/DUE

Para presentar reclamacións, hai un prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación en DOG.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...