Novas por contido

No DOG do 02/09/2024 a AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

As actividades do programa de autoformación conforman un itinerario formativo composto polos 7 cursos seguintes:

Curso                                                                                                                                               Horas

• Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.     10

• ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.                                                                                    25

• ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.                    35

• ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.                                    40

• ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.              50

• ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.                             50

• ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño».                                           40

Poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por ningún proceso de selección, todas aquelas persoas que cumpran cos seguintes requisitos:

• Ser maiores de 16 anos.

• Estar dadas de alta como usuario/a da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal). 

Así mesmo, a realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada no anexo II.

A realización na súa totalidade de calquera dos cursos que conforman este itinerario xerará a posibilidade de realizar un exame final presencial, cuxa superación outorgará o dereito a obter un diploma de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

Este exame final presencial terá que realizarse logo de inscrición nalgunha das aulas CeMIT dispoñibles para a súa realización, aulas que se poderán consultar na páxina web https://cemit.xunta.gal, a través da procura «Exame presencial EMA teleformación».

O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:

• Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.

• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante en cada edición, e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario dunha mesma edición.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...