Novas por contido

No DOG do 04/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....