Novas por contido

No DOG do 08/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 17 Xullo 2026

Datas dos concursos de traslados e procesos selectivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do xoves 16, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos. Indica a DXEP que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para...
Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas...
Venres, 17 Xullo 2026

Oposicións a enx.agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial do xoves 16 de xullo, tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven)....