Novas por contido

No DOG do 09/12/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 229, do 1 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 15 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1, 6, 7 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira internacional de Galicia Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 221, do 21 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Outras novas recentes

Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...