Novas por contido

No DOG do 19/03/2025 a Fundación Galiza Europa publica:

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2025 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, 20 prazas de formación para o desenvolvemento no ano 2025 en Bruxelas das actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa, vixésimo segunda edición (código de procedemento PR816A).

- EXTRACTO da Resolución do 11 de marzo de 2025 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, 20 prazas de formación para o desenvolvemento no ano 2025 en Bruxelas das actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa, vixésimo segunda edición (código de procedemento PR816A).

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que se achegan coa correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...