Novas por contido

No DOG do 19/03/2025 a SOCIEDADE DE VIVENDA PÚBLICA DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías desta entidade do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 20 días hábiles contados desde o día da publicación no DOG.

Outras novas recentes

Luns, 27 Abril 2026

Xuntanza coa Inspección de Traballo para a protección do embarazo das traballadoras da AGASS (27/04/2026)

A Inspección insta á Xunta a entregar un protocolo de actuación fronte ao risco biolóxico no embarazo na Axencia Galega de de Servizos Sociais (AGASS). Após a denuncia que interpuxemos as delegadas da CIG na Inspección de Traballo (ITSS) o 12 de marzo de 2026, a inspectora instou á Xunta a entregar un protocolo de actuación para protexer as traballadoras embarazadas...
Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...
Xoves, 30 Abril 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, na que se van tratar as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna: - C1-Mantemento de servizos (6 prazas, da OEP 2024). Descargar- C2-Aux. de mantemento (20 prazas, das OEP 2024 e...