Novas por contido

No DOG do 20/03/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 29 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, nas seguintes aulas: Aula 1 e Aula 9.

- RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 37, do 24 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 26 de marzo, ás 15.30 horas, nas aulas 5, 6 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 26 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas).

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...