Novas por contido

No DOG do 20/03/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

As persoas que ocupan actualmente postos como persoal funcionario interino ou laboral temporal ou laboral indefinido non fixo na Xunta de Galicia deberán cesar no seu posto, de ser o caso, de interino ou laboral, e tomarán posesión, o día 24 de marzo de 2025, como persoal funcionario en prácticas, nos centros directivos a que fosen destinadas como consecuencia da elección de destino. Unha vez superado o curso selectivo, serán nomeadas persoal funcionario de carreira, con destino definitivo, no corpo auxiliar na praza adxudicada no acto de elección de destino.

As persoas que ocupan postos como persoal funcionario de carreira na Xunta de Galiza poderán acollerse ao disposto no artigo 129 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (licenzas para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración pública) e deberán prestar servizos efectivos nos centros directivos en que fosen destinadas como consecuencia da elección de destino; neste caso, poderán optar entre percibir as retribucións que correspondan pola condición de persoal funcionario de carreira ou as retribucións previstas para o persoal funcionario en prácticas. Esta petición deberán cursala na súa propia consellería.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...