Novas por contido

No DOG do 25/03/2025 a SOCIEDADE DE VIVENDA PÚBLICA DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO do 20 de marzo de 2025 de corrección de erro do anuncio polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas categorías desta entidade do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Martes, 28 Abril 2026

A CIG convoca 20 mobilizacións este 1º de Maio pola paz, contra o imperialismo e para reclamar traballo digno e dereitos

A central nacionalista chama a converter o Día Internacional da Clase Traballadora nunha xornada de loita. A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema «Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos». A central nacionalista fai un chamado a converter este...
Mércores, 22 Abril 2026

Video da asamblea da CIG por Persoal Non Docente e Cociñas (do 16/04/26)

sBRMCHVIPWw A CIG-Autonómica pon á túa disposición o video da asemblea telemática do pasado 16 de abril de 2026 por un Acordo de condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e pola profesionalización das escalas de cociña. A asemblea foi telemática, transmitida en directo por YouTube. Ten unha duración de unha hora e 31 minutos. Durante o seu...
Mércores, 22 Abril 2026

Oferta de Emprego Público 2026 de Administración e entidades instrumentais. Consorcio (MX 21/04/26)

Na Mesa xeral de negociación de persoal empregado público tratouse a Oferta de Emprego Público do ano 2026 para a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e dos seus entes instrumentais, agás a OEP das escalas sanitarias. Na rolda aberta de intervencións falouse da elección de destino de corpos xerais, de problemas coa formación da EGAP para o persoal do...