Novas por contido

No DOG do 26/03/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de formación, dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero, dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galiza, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o 2 de abril de 2025.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...