Novas por contido

No DOG do 06/06/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 5 de xullo de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 2 e 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa de Madrid, nº 2, Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 5 de xullo de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 9, 10, 11 e 12 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa de Madrid, nº 2, Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 5 de xullo de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa de Madrid, nº 2, Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...