A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar
Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar a fondo 112 páxinas de memoria funcional, 84 páxinas de equivalencias, 10 páxinas con postos a amortizar, 8 páxinas de postos a crear, e 130 páxinas con postos a modificar. Total 344 páxinas.
A Consellería resposta que esta xuntanza vai ser meramente informativa sobre a súa proposta, e comprométese a que haberá máis tempo e xuntanzas. Xa que logo, a CIG participará nesa xuntanza só para escoitar o que nos queren contar.
Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.
