Novas por contido

No DOG do 20/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 28 de xuño, no pavillón nº 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Outras novas recentes

Venres, 04 Setembro 2026

A Consellería do Medio Rural coloca adhesivos nas motobombas “Prohibido subir á parte superior agás persoal autorizado con equipo anticaida"

O que non resulta admisible é establecer unha norma de seguridade sen dotar previamente os vehículos e o persoal dos medios necesarios para poder cumprila. Hai que  cumprir a norma SI, pero co material adecuado: 1. Real Decreto 1215/1997 • Art. 2: definición de equipo de traballo. • Anexo I, apartado 1.6: risco de caída superior a 2 m → varanda ou protección colectiva...
Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....