Novas por contido

No DOG de hoxe, 19/08/2025 publícanse as correccións de erros de dous procesos selectivos:

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44219, onde di: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 18 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Aula 7 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas)».

Debe dicir: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 18 de outubro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas)».

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44220, onde di: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 17 de setembro de 2025…».

Debe dicir: «... o segundo exercicio da oposición, pola quenda de promoción interna, terá lugar o día 17 de outubro de 2025...».

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...