Novas por contido

No DOG do 03/09/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 17 de setembro de 2025.

Outras novas recentes

Xoves, 04 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP)

No DOG do 04/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2026 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia e das entidades locais, así para o persoal...
Luns, 08 Xuño 2026

Centros de ensino: máis metros de ratio de limpeza para a pública que para a privada

Na Comisión de Persoal do venres 05/06/26 preguntamos por que a Consellaría de Educación segue negándose a actualizar unhas ratios desfasadas até o punto de que nalgúns casos (como o do persoal de limpeza) son máis altas (1.800 metros) que as que a Xunta de Galiza exixe nos pregos de condicións que asina con empresas privadas cando realiza unha externalización ou...
Luns, 08 Xuño 2026

Caos nas listaxes de contratación

O venres 05/06/26 na Comisión de Persoal, dende a CIG, demos aviso de que as listas de contratación estaban resultando un caos, e que así o estaba reclamando o persoal a través de queixas por rexistro que nos están facilitando, xa que están recibindo chamadas para incorporarse no posto unha hora despois e senón serán penalizadas; e notificacións con coberturas que, en vez...