Novas por contido

No DOG do 01/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química, bioloxía, ciencias do mar e física, convocados polas ordes do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galiza número 85, do 4 de maio) e do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 227, do 28 de novembro), e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de minas, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de minas, convocados polas resolucións do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocados pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocados polas ordes do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galiza número 84, do 3 de maio, e Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidades de enxeñaría de camiños, canais e portos, enxeñaría química e enxeñaría de telecomunicación, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica de obras públicas e enxeñaría técnica de topografía, convocados polas ordes do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 47, do 7 de marzo), pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocados polas ordes do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 106, do 5 de xuño) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

Outras novas recentes

Martes, 24 Novembro 2026

Persoal de incendios clama nas rúas de Santiago por melloras laborais e organizativas

fcFn-kcRJ6M?is CIG convocou unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela, para visibilizar as reivindicacións do persoal do servizo de incendios (SPIF), por unhas condicións laborais dignas e melloras salariais e organizativas que permitan adaptar o servizo á realidade actual, tanto de carestía da vida como da nova tipoloxía de lumes. A manifestación nacional,...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.
Martes, 24 Novembro 2026

MX e MSF 24/11/26: procesos selectivos de acceso libre de corpos xerais, enquisador e FOL (e outras informacións)

Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial (martes 24 de novembro) tratáronse as propostas de convocatoria de seis procesos selectivos de persoal laboral e funcionario, ademais de diversas cuestións sobre listas de contratación e procesos en marcha. Nos distintos procesos abordados nas mesas, a CIG mantivo unha liña reivindicativa común para garantir procesos xustos, obxectivos e...