Novas por contido

No DOG do 22/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social e de terapia ocupacional; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «concurso de traslados».

Outras novas recentes

Mércores, 25 Novembro 2026

Proba piloto de Avaliación de Desempeño: repetimos a chapuza dos tempos de Fraga?

Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica. Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir”...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.