Novas por contido

No DOG do 12/02/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fan público a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

O primeiro e o segundo exercicios da oposición terán lugar o día 21 de febreiro, ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra).

- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...