Novas por contido

No DOG do 02/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se declara urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos para o ingreso en corpos, escalas e categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022.

Declaran a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos anteriormente indicados, de conformidade co disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2019, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, con redución dos seguintes prazos establecidos para o procedemento ordinario:

- Prazo de un (1) mes de toma de posesión: redúcese a quince (15) días naturais.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Mércores, 30 Setembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de varias escalas do subgrupo C1, C2 e da agrupación profesional

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento...
Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...