Novas por contido

No DOG do 02/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 23 de febreiro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 100 do grupo III, na categoría 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 23 de febreiro de 2026 pola que se convocan, para a elección de destino definitivo, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Engadin aos anexo III das Resolucións do 23 de febreiro os postos que resultaron vacantes no dito acto de elección por non tomaren posesión as persoas aspirantes adxudicatarias.

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...