Novas por contido

No DOG do 17/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación como proxecto piloto do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura temporal dos postos do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil, adscritos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, ao procedemento de cobertura temporal dos postos adscritos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar levarase a cabo de forma paulatina para garantir o funcionamento do sistema.

A cobertura dos postos adscritos ao corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil, será realizada a través das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, desde o 23 de marzo de 2026. 

Outras novas recentes

Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...
Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...