Novas por contido

No DOG do 17/03/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro forestal-xefe de brigada, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, ás persoas ás cales se refiren os anexos destas resolucións deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 100, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas Resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 33, condutor/a autobomba de defensa contra incendios forestais, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se nomean como persoal laboral fixo na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, as novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14, bombeiro/a forestal, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 10C, emisorista de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas Resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas ás cales se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de un (1) mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...