Novas por contido

No DOG do 07/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

 

Outras novas recentes

Venres, 05 Xuño 2026

Corpos xerais: modificación da RPT da administración xeral, datas de elección de destino e tomas de posesión

Na Comisión de Persoal de hoxe, 05/06/2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que nace da necesidade de contar con prazas suficientes para dar destino definitivo a todas as persoas de todos os procesos que están pendentes de que ese acto se realice. Aínda que non se atenderon a algunhas das nosas...
Xoves, 04 Xuño 2026

Escolas infantís: falta de previsión ou caos a sabendas

Será posible que ninguén pense nas crianzas e nas traballadoras? O persoal das escolas públicas de cero a tres anos, pendentes de incorporación aos novos postos o 1 de setembro, pregúntase como se van organizar para atender ás familias e ás crianzas no tempo que se establece na Resolución de adxudicacións de prazas que se publicou en marzo (na que se contemplan só tres días...
Mércores, 27 Mai 2026

CIG, CUT e SNEP, convocamos folga o 3 de xuño no sector de Infantil 03 da pública e da privada

As tres organizacións sindicais, CIG (Ensino e Autonómica) - CUT - SNEP, chamamos o próximo mércores 3 de xuño á loita e mobilización dos 3 sectores cun mesmo fin: “Melloras laborais, sociais e salariais: convenios dignos e xustos”, así como baixada das ratios, máis persoal na atención directa, xornadas xustas, máis recursos, mellores instalacións... A CIG, CUT e SNEP,...