Novas por contido

No DOG do 14/04/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade de bombeiro forestal-xefe de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

- RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 do grupo III, na categoría 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de tres (3) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo II desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

 

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...