Novas por contido

No DOG do 13/05/2026 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal nas categorías profesionais de enxeñaría de montes, enxeñaría técnica forestal, capataz, xefe/a de brigada, peón/peoa especialista e peón/peoa.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita en polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Luns, 27 Xullo 2026

Apertura do prazo posesorio do concurso de traslados da Administración xeral

No DOG do 27/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 13 de abril de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, e se abre o prazo posesorio dos postos...
Luns, 27 Xullo 2026

Nomeamento como persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2, persoal subalterno e apertura do prazo posesorio

No DOG do 27/07/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244,...