Novas por contido

No DOG do 01/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026 pola que se convocan actividades formativas para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza.

Convocan os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o día 8 de xuño, inclusive.

Outras novas recentes

Xoves, 11 Xuño 2026

Persoal de secretaría dos centros de ensino. Acordo PND xa!

O persoal auxiliar e administrativo dos centros de ensino continúa a sufrir unha situación de infravaloración e abuso organizativo que resulta inadmisíbel. A pesar da percepción errónea de que se trata de “persoal de mesa e ordenador”, a realidade evidencia que non está exento de soportar decisións arbitrarias por parte dalgunhas direccións, que non comprenden —ou non...
Venres, 12 Xuño 2026

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

Na CIG denunciamos que o nomeamento da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) constitúe a crónica dun enchufe anunciado e exemplifica un padrón cada vez máis habitual na Xunta do PP, cando pretende favorecer unha persoa determinada: primeiro modifica o posto, despois adapta os requisitos de acceso e, finalmente, nomea a persoa que encaixa exactamente...
Luns, 08 Xuño 2026

Inicio de curso nas escolas infantís

Na Comisión do venres 5 de xuño trasladamos o que xa rexistramos ante a Consellaría de Política Social a respecto do inicio de curso nas escolas infantís.  As familias nestes días de matrícula están preguntando polo inicio de curso, e as respostas actuais son, por unha banda, incertezas e, pola outra, temos a resolución publicada co inicio de curso para o día 4 de setembro...