Novas por contido

No DOG do 27/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 19 do grupo I (titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico/a), das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas á que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exigidos no artigo 13 do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galiza. O prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) será de 15 días naturais a partir do 15 de setembro.

O cesamento deberá efectuarse o día 14 de setembro de 2026.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...