No DOG do 01/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos.
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).