Novas por contido

No DOG do 23/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 19 de outubro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 199, do 20 de outubro) pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade, convocado pola Resolución do 9 de abril de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 70, do 16 de abril).

A listaxe con estas modificacións poderase consultar no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na ligazón fides.xunta.gal

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...