Novas por contido

No DOG do 29/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de novembro, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4, Fontiñas.

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...