Novas por contido

No DOG do 29/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, conxunta dos tribunais nomeados polas resolucións do 30 de marzo de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 62, do 6 de abril), encargados de cualificar os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos/as de carácter facultativo, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, e no corpo de auxiliar de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

Convócanse as persoas aspirantes nos procesos selectivos arriba sinalados para a realización do terceiro exercicio o día 17 de novembro de 2026, segundo o horario e a distribución que se indica no anexo, en chamamento único, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Consonte o establecido na base III.1.1 das convocatorias dos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública, a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal), no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, un certificado médico oficial ou un informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no que se faga constar o seguinte: «Non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico».

Este certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...