Novas por contido

No DOG do 29/10/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica; no corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística; no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística; no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, escala técnica de delineantes e escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, e no corpo administrativo, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades mobilidade e vixilancia de estradas.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes; no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de e no enxeñaría técnica agrícola e enxeñaría técnica forestal, corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo de selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 981 54 54 78, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación. 

 

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...