No DOG do 02/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidades de enxeñaría industrial, enxeñaría de minas e enxeñaría de montes, no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidades de enxeñaría técnica agrícola e enxeñaría técnica forestal, e no corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, no corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística, no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, escala técnica de delineantes e escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de animación sociocultural, e no corpo administrativo, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades mobilidade e vixilancia de estradas.
