No DOG do 03/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/ as, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 231, do 28 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 9 de novembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas).
