Novas por contido

No DOG do 20/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados en virtude da Resolución do 8 de setembro de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico, convocado pola Resolución do 26 de maio de 2026.

De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e no artigo 8 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 26 de novembro de 2026.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...