Novas por contido

No DOG do 24/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifican as resolucións do 16 de novembro de 2026 polas que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de condución e mantemento, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escalas auxiliares de condución e mantemento, convocados polas resolucións do 8 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 89, do 15 de maio).

Resolven aprobar e publicar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp) unha modificación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas en relación coa exención da realización da proba de acreditación do coñecemento do idioma galego dos ditos procesos selectivos.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2 e C2

No DOG do 24/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.