Novas por contido

Vimos de rexistrar escritos dirixidos a Subdirección Xeral de incendios e Xefaturas Territoriais e Provincias da Consellería do Medio Rural, exisindo o cumprimento dos plans de acción elaborados polo servizo de prevención de riscos laborais da Xunta.

Este documento desglosado á súa vez en varias partes, inclúe unha división de tarefas de prevención e extinción. Estas  divídense á súa vez en plans de avaliación onde se analizan os riscos e plans de acción onde se recollen as accións correctoras.

Centrámonos neste escrito no plan de acción das tarefas de extinción por que consideramos que o tempo apremia, a maiores de esixir o cumprimneto íntegro do documento.

A continuación amosamos o escrito íntegro que rexistramos:

Dende finais de 2014 o SPDCIF  dispón oficialmente do  documento elaborado polo Servizo de prevención de riscos laborais que engloba os "plans de avaliación" de riscos e "plans de acción" correspondentes a tarefas de extinción e prevención no que ós incendios forestais se refire.

A escasa difusión que se fixo destes documentos entre @s traballador@s fixo que os teñamos nas nosas mans dende un periodo de tempo relativamente curto.

Como nos atopamos ás portas da campaña de alto risco e vemos que apenas se aplicaron as accións ás que vincula o propio documento do plan de acción de tarefas de extinción de incendios forestais remitímoslle este escrito.

 Lembramos que este documento é vinculante e de obrigado cumprimento para a empresa, a maiores de que fose participado pola mesma na súa elaboración .

Vémonos logo  na obriga de comunicarlle as medidas que este plan ordea aplicar ou correxir dependendo a acción esixíndolle o seu desenrolo..

Consideramos que hai tempo e medios para poñelas en práctica sen entrar neste momento a valorar as posíbeis responsabilidades de non telas aplicado ate o de agora.

Estas medidas que proporemos a continuación están extraídas do propio documento  "plan de acción das tarefas de extinción de incendios forestais" elaborado pola xunta e mugatra. Centrámonos exclusivamente en accións que principalmente afectan á campaña de alto risco, e en accións que ate o de agora, ó noso entender,  non se desenvolven tal e como o propio plan recolle.

  1. CAÍDA DE AUGA DENDE MEDIOS AÉREOS:
  • Organización e coordinación entre as distintas cuadrillas de traballo e medios aéreos. (Páxina 5 do dcocumento)
  • Xa son varios os accidentes que se teñen producido nestas situacións e a      organización e coordinación da que fala o plan de acción non existe, so hai            improvisación en cada lume.
  • @s traballador@s deberán dispoñer de comida de asimilación rápida e auga potable ( ou otra bebida non alcohólica) en cantidade suficientes.
  • Ter unha almacenaxe de bebida e comida  non perecedeira para casos onde exista problemas de loxística coa comida e bebida.(Páxina 6 do documento)
  • A maiores inspección de traballo de Ourense xa indicara ó distrito DXII e a xefatura de servizo provincial que se puxera auga a disposición d@s traballador@s nun lugar que se indique sen que estes teñan que pedir a mesma.
  • Tódol@s traballador@as deberán ter información formativa relativa á prevención de riscos competencias e funcións profesionais e procedementos operativos do PLADIGA (Pax 11 do documento).
  • persoal da Brigada deberá estar sempre xunto.
  • Tódol@s traballador@s deberán ter un sistema de comunicación eficaz(Pax 12).
  1. SOBREESFORZOS E FATIGA:
  1. OUTROS:
  1. MEDIDAS PARA UNHA EVACUACIÓN SEGURA DO LUME
  1. REALIZAR UN PROCEDEMENTO DE CONTRALUMES E QUEIMAS DE ENSANCHE

Esta acción aparece referida alomenos dúas veces na páxina 24 do documento, para accións de contactos térmicos coa antorcha de goteo e no aprtado de incendios.

A día de hoxe existe un alto grao de improvisacioón nestas accións, e dende logo que non se establecen procedementos protocolarizados c@s traballador@s.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...